Páxinas

venres, 18 de abril de 2025

 ALUMNA PREMIADA NO CONCURSO LITERARIO DE AMNISTÍA INTERNACIONAL




SABELA RODRÍGUEZ!, de 1º C, flamante gañadora da XI Edición do Concurso Literario de Amnistía Internacional: Moitos parabéns!!! Soubemos da concesión deste premio na gala que tivo lugar o pasado 10 de abril en Vigo. Velaquí o seu fermoso haiku reivindicando
 os dereitos das mulleres afgás:


                                                     “Quero volver a ver!”

                                                Unha brétema

                                               non me quere deixar ver.

                                               Lonxe viaxarei.

O acto estivo conducido pola escritora e crítica teatral INMA LÓPEZ SILVA, gañadora de múltiples premios como o Blanco Amor, en 2008, ou o Xerais, en 2002. Realizou un revelador percorrido polos burkas das mulleres occidentais. Toda unha experiencia compartir escenario con ela!

O haiku de Sabela publicarase nun libro e será difundido a través da web e do Instagram de Amnistía Internacional.

Vaia o noso agradecemento tamén para as/os COMPAÑEIRAS/OS da ESO que tamén participaron no concurso mantendo o listón alto na canteira de escritoras/es do noso centro!


XI Edición do Concurso de Amnistía Internacional na modalidade de poema: haiku sobre as mulleres afgás, seguindo o lema: “Quero escoitar a túa voz”. A última lei do goberno talibán prohibe que se escoite a voz da muller en público, por se non abondase con que as obriguen a usar o burka, lles prohiban a educación e o traballo, viaxar soas ou mirar a persoas que non sexan da súa familia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario