venres, 27 de abril de 2018

Semana do Libro

     Durante esta semana, no IES Sanxenxo, celebramos a Semana do Libro.
     Para conmemorala, fixemos un mural onde colocamos fichas de cal é o noso libro favorito en galego.  Deste xeito, podemos tamén, suxerir títulos ás persoas que nos rodean.
     Felices lecturas!!



venres, 13 de abril de 2018

Guimarães

     No IES Sanxenxo participamos no Proxecto Terra, tamén como parte integrante das actividades de Dinamización, xa que este curso solicitamos a saída a Guimarães, para poder entender as similitudes que nos rodean aos dous pobos: o noso e o veciño portugués.
    Foi unha viaxe moi enriquecedora, na que a rapazada puido apreciar como os castros son os mesmos no norte de Portugal, e como as construccións populares, achéganse moito ás nosas.
     Ademais de poder gozar das visitas ao Castelo de Guimarães, pazo dos Condes e Mosteiro de San Salvador.





















venres, 6 de abril de 2018

Haikus

     Outra das actividades propostas dentro da Semana Cultural do centro, dende o Equipo de Dinamización, foi un obradoiro de Haikus.
     Deste xeito, queríamos celebrar tamén o día da árbore, a poesía e a auga.
     Que mellor que esta modalidade de poema xaponés, que se pon en contacto directo coa natureza, para aunar todo.  Iso si, desta volta, feitos en galego, e con paisaxes da nosa contorna, para poder enlazalo co tema da semana cultural.
     Sen máis dilación, deixo os haikus realizados polo alumnado, para que podades gozar deles.
     Sayonara!
 








Dobramos cinema en galego

As máis populares