Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de marzo de 2021

Matria. Curtametraxe e coloquio co seu director

O día 8 de marzo foi considerado como o Día Internacional da Muller, co obxectivo de facer visible a situación de discriminación que sofren as mulleres, tanto a nivel laboral como no eido persoal e familiar.

A loita pola igualdade continúa e se é verdade que se ten conseguido moito aínda estamos lonxe dunha igualdade total (as mulleres seguen a cobrar un 30% menos de salario de media cós homes, desempeñan traballos peor remunerados, habendo sectores moi feminizados como as conserveiras ou o sector téxtil. Tamén son elas quen soportan as cargas familiares: coidado dos fillos, de persoas dependentes, traballos do fogar e que motivan en moitos casos que abandonen a súa carreira profesional.

A curtametraxe que imos ver, Matria,  vai diso; de mulleres que teñen que loitar día a día para que este mundo noso siga xirando, sobrelevando unha existencia en ocasións sen moitas esperanzas e agarrándose a pequenas cousas que as fagan sentir vivas e que este mundo mereza a pena.

Puxémonos en contacto co director desta laureada e celebrada fita, que conseguiu no ano 2018 o premio á mellor curtametraxe de ficción no Festival de cine de Sundance, ademais doutros premios dentro e fóra de Galicia.

Álvaro Gago mantivo despois do visionado unha charla co alumnado, intercambiando impresións e contestando ás preguntas que todos lles fixemos.

Sinopse: Ramona vive co seu home, con quen apenas se fala, e traballa nunha fábrica de conservas dirixida por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta. 

Está baseada na vida de Francisca Iglesias Bouzón, actriz principal e amiga persoal do director pois foi a coidadora do seu avó durante anos.

Máis información podes encontrala AQUÍ 


 

 


 

xoves, 18 de febreiro de 2021

Cal é a túa heroína?

Ao longo da historia moitas mulleres loitaron por facerse un sitio e, agás contadas
excepcións, as mulleres foron sempre silenciadas. Pero isto non vai de lembrar algúns nomes que transcenderon senón falar de nós e do próximo e poñer en valor o labor, a coraxe, a loita e a ousadía de mulleres que nos inspiran.
Hai nais, avoas, mulleres que non aceptan un non. Hai mulleres que deben afrontar a vida soas, que coidan de nós, que non se renden ante a enfermidade e tamén as que cada día loitan por romper ese teito de cristal invisible.
Queremos que nos contes algo da vida ou do quefacer destas mulleres inspiradoras, da TÚA VERDADEIRA HEROÍNA...


QUE TES QUE FACER?

Debes escribir un pequeno TEXTO onde contes a historia da túa heroína particular. Será alguén que coñeces e que queiras poñer en valor polo que representa tanto na túa vida, no seu traballo ou na súa actividade cara á sociedade.
Ese texto estará acompañado dunha FOTOGRAFÍA onde a retrates. Pode ser un retrato persoal ou contextualizado no espazo onde traballa, nun lugar especial ou que teña que ver coa historia que contas.

Importante que a fotografía teña unha boa resolución 

Os traballos recolleranse ata o 12 de MARZO ben polo/a profesor/a ou enviándoo ao correo endlsanxenxo@gmail.com e precisamos contar co permiso das persoas fotografadas. Haberá premios para os mellores traballos.
Coas mellores imaxes e semblanzas fixemos unha mostra que teremos exposta no vestíbulo do centro durante o mes de abril.
 


 


venres, 8 de marzo de 2019

8 de Marzo. Alfombra das inxustizas

Dentro da multitude de actos e de accións previstas para este 8 de marzo, quixemos visibilizar aínda o longo camiño que queda por percorrer.
Dentro do noso refraneiro galego existen moitas frases cheas de machismo e o peor de todo é que algunhas seguen a dicirse na fala coloquial.

Por iso, fixemos unha longa alfombra á que chamamos DAS INXUSTIZAS onde puxemos todas aquelas frases e refráns ferintes contra as mulleres e colocámola no vestíbulo para que todas e todos pasemos por enriba.
Porque hai moito que mudar e tanto a linguaxe como acabar cos prexuízos sexistas é unha parte máis para conseguir a igualdade.
 

sábado, 12 de maio de 2018

Obradoiro de escritura con Eva Mejuto Rial

        Hoxe pola tarde acompañounos Eva Mejuto Rial, unha escritora sanxenxina, que vai a ser a nosa convidada nesta XIII edición do Certame Literario IES Sanxenxo.
Eva é Doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.  Traballou en diversas editoriais, e o ano pasado, coordinou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.  Traballou en obras colectivas, e tamén coma tradutora.
É unha muller activa e preocupada pola mocidade e polos temas que lle afectan, e un magnífico exemplo a seguir para a rapazada, da que se lembrou ao escribir “22 segundos”.  Un libro no que se fala da transexualidade, xa que se viu impactada por unha reportaxe na que se falaba do dura que era a vida para a mocidade desta condición.
Pensa que a literatura é imprescindible para a xente nova, xa que ten a capacidade de cambiarlles a visión do mundo.  E despois de estar compartindo unha tarde con ela, no obradoiro de escritura no instituto, estamos de acordo con ela.
Moitas grazas por compartir unha tarde con nós, Eva!






venres, 11 de maio de 2018

Letras Galegas

    Para conmemorar o Día das Letras Galegas, aproveitando que este ano se homenaxea a unha muller, o alumnado de 3º da ESO, fixo unha macroexposición sobre Mulleres Galegas Escritoras.
     Para nós, todas e cada unha delas, son merecentes do recoñecemento público, foran homenaxeadas ou non de maneira oficial.
    Incluímos tamén a Eva Mejuto, a escritora de Sanxenxo que nos honrará coa súa presenza na Entrega de premios do Certame Literario deste ano.  
     Sabemos que faltan moitas máis, pero noutra ocasión, honraremos a súa labor.
     Feliz día das nosas letras!!















xoves, 8 de marzo de 2018

Día Internacional da Muller

Foron moitas as que loitaron por nós, e somos moitas as que queremos e precisamos seguir facéndoo.
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Sanxenxo: forza compañeiras!!









sábado, 24 de febreiro de 2018

Día de Rosalía


 Resultado de imaxes para rosalía castro

     

     Que podemos dicir de Rosalía que non se sepa xa... pois moitas cousas, moitas, moitas e máis.
     Pero dende a nosa humildade, imos a festexar esta data, como nos gusta na nosa terra: cantando e bailando.
   Deixamos unha canción de Quempallou, que adapta o poema Xan, que tanto nos serve para recordar á nosa amada escritora, coma para celebrar o vindeiro 8 de marzo.
     Abrámoslle a fiestra!








As máis populares