xoves, 29 de novembro de 2018

Visita Faro de Vigo e Meirande


Alumnado de 1º de ESO foi de visita ás instalacións de Faro de Vigo para ver de primeira man o xeito de facer un xornal dende o inicio. Aproveitando a proximidade achegáronse ao museo Meirande, xunto á ría de Vigo.
Este museo explica monograficamente como foi a batalla que hai 300 anos sepultou no fondo da ría ducias de galeóns...cargados de ouro?
 





 

mércores, 28 de novembro de 2018

25 de Novembro. Si é si. Non é Non

Gustaríanos non ter que lembrarnos desta data cada ano pero lamentablemente os centos de mulleres que incrementan as estadísticas do maltrato fai que máis que nunca sexa preciso dende as escolas e outras institucións loitar contra a violencia e contribuír a visibilizar as consecuencias e unha realidade que segue a existir.




Un ano máis convocamos o concurso Chíos contra a violencia de xénero e van xa tres anos. Nesta ocasión as gañadoras e gañador foron:

María Dono (1º A) co chío: "Unha lágrima é máis do que parece. DI NON! Merece a pena

David Daporta (4ºA) co chío: As feridas que me deixas non son efémeras.

Carolina Bea (1º C) co chío: A violencia aféctanos a todos 

Recollendo os premios
Ademais, alumnado de Artes Escénicas gravou un pequeno vídeo a partir do texto "A muller sen medo" de Eduardo Galeano que aquí vos deixamos.



mércores, 7 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018

Aqué vos deixamos algunhas instantáneas da festa do Magosto que fixemos no noso instituto para celebrar a chegada do outono. 
Moitas grazas a todas as persoas que participastes nos concursos de ladaíñas, cabazas e sobremesas. E castañas, máis que houbera!!!!








mércores, 24 de outubro de 2018

Magosto e Samaín



 O vindeiro mércores 31 de Outubro, a partir das 12:00h terá lugar o tradicional magosto que como cada ano facemos no noso instituto. Ademais de comer castañas e divertirnos xogando á billarda e a outros xogos que estamos a preparar tamén aproveitaremos para celebrar o Samaín.
Así que se estás interesado en participar achega a túa cabaza decorada ou unha sobremesa e a ver se tes sorte nos concursos.

A continuación deixámosvos as BASES para participar no concurso de cabazas:

1. Cada alumno/a presentará unha única cabaza que irá identificada na parte inferior por medio dun papel pegado onde conste o nome completo e o curso.

2. As cabazas deberán ser naturais e poderán decorarse con calquera motivo, técnica ou material.

3. Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a inclusión de elementos naturais propios do outono etc...

4. O prazo máximo para a entrega remata o MÉRCORES 31 de outubro

5. As cabazas exporanse no vestíbulo de entrada do centro

6. Un xurado composto para a ocasión emitirá o seu veredicto que será inapelable.

7. A participación supón a aceptación destas bases.

martes, 19 de xuño de 2018

Entrega de premios do XIII Certame literario IES Sanxenxo


O pasado día 14, fixemos entrega dos premios do XIII Certame Literario IES Sanxenxo, no Auditorio Emilia Pardo Bazán.
A condución do acto foi levada a cabo por dúas alumnas de 2º da ESO.  Acompañáronnos Eva Mejuto Rial coma escritora convidada e o cantautor Anxo Blas, amenizando a entrega.
Os finalistas e gañadoras foron:
Categoría A
Finalistas
Mateo Porta Bouzada, Carolina Vázquez Vilar, Nerea Castro Amado, Uxía Rozas Pérez, Mateo Amado Díaz, Sara Lois Vicente, Celia Besada Dovalo, Noelia Conde Torres.
2º e 1º premio
Claudia Lema Portela e Candela Piñeiro Martínez, respectivamente.
Categoría B
Finalistas
Nuria Carballa Silva, Carmen Barahona Martínez, Brais Albarrán Troncoso, Lucía González Iglesias, Natalia Piñeiro Oubiña, Samar Rodríguez Costas, Lucía Villanueva Parada, Clara Sueiro Figueiras
2º e 1º premio
Natalia Sabarís Hernández e Ainara Vidal Domínguez, respectivamente.
Categoría C
Finalistas
Natalia Blanco Piñeiro, Sergio Carballa Rodríguez, Alejandra Eid Rodríguez, José Antonio Dorado Torres, Daniel Daporta Otero, Uxía Soutullo Telmo, Carmen Guisasola Leiro, Ana González Poza
2º e 1º premio
Almudena Vidal Piñeiro e Alejandra Rodríguez Seijas, respectivamente.
Categoría D
Finalistas
Walda González Piñeiro, Manuel Otero Portas, David Chan Radío, Gabriel Mosquera Riande, Manuel Castro Agís, María Villanueva Agís, Saray Lorenzo García, Noa Méndez Piñeiro
2º e 1º premio
Iria Guiance Piñeiro e Santiago Reinal Giménez, respectivamente.









venres, 25 de maio de 2018

Anagnórise en Cambados


Esta semana fomos co alumnado de 3º da ESO ao teatro a Cambados.
Formando parte das actividades para conmemorar as Letras Galegas deste ano, fomos a ver Anagnórise, a obra de María Victoria Moreno, adaptada á escena, pola compañía Limiar Teatro.
Foi unha moi boa adaptación para a rapazada, xa que, a través de distintos sckechs, fixeron unha aproximación á obra, e sobre todo ao propio significado do título.
Gustou moito e, sen dúbida, repetiríamos.



Dobramos cinema en galego

As máis populares