O vindeiro mércores 31 de Outubro, a partir das 12:00h terá lugar o tradicional magosto que como cada ano facemos no noso instituto. Ademais de comer castañas e divertirnos xogando á billarda e a outros xogos que estamos a preparar tamén aproveitaremos para celebrar o Samaín.
Así que se estás interesado en participar achega a túa cabaza decorada ou unha sobremesa e a ver se tes sorte nos concursos.
1. Cada alumno/a presentará unha única
cabaza que irá identificada na parte inferior por medio dun papel
pegado onde conste o nome completo e o curso.
2. As cabazas deberán ser naturais e
poderán decorarse con calquera motivo, técnica ou material.
3. Valorarase a orixinalidade, a
creatividade, a inclusión de elementos naturais propios do outono
etc...
4. O prazo máximo para a entrega
remata o MÉRCORES 31 de outubro
5. As cabazas exporanse no vestíbulo
de entrada do centro
6. Un xurado composto para a ocasión
emitirá o seu veredicto que será inapelable.
7. A participación supón a
aceptación destas bases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario