sábado, 24 de febreiro de 2018

Día de Rosalía


 Resultado de imaxes para rosalía castro

     

     Que podemos dicir de Rosalía que non se sepa xa... pois moitas cousas, moitas, moitas e máis.
     Pero dende a nosa humildade, imos a festexar esta data, como nos gusta na nosa terra: cantando e bailando.
   Deixamos unha canción de Quempallou, que adapta o poema Xan, que tanto nos serve para recordar á nosa amada escritora, coma para celebrar o vindeiro 8 de marzo.
     Abrámoslle a fiestra!








Entroido

     E un ano máis, chegou o entroido ao IES Sanxenxo.
     O profesorado disfrazouse de seres mariños, seguindo a temática marcada para a Semana Cultural, que desta versa sobre Baltar e a súa contorna.


     
     E o alumnado, escolleu entre distintas opcións...
















     O caso é que todo o mundo o pasou moi ben, e que se gozou desta época do ano de transgresión, cambio e liberdade de expresión, cousa que hoxe en día, parece que ás veces escasea...

     Bo entroido!!

Concurso de adhesivos dos Equipos de Dinamización do Salnés

     Outro ano máis, celebrouse o Concurso de Adhesivos organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés.
     O tema escollido para esta ocasión, estaba relacionado co Pergamiño Vindel e o patrimonio galego en xeral.
     Foron moitos os centros participantes nesta edición, pero só uns poucos afortunados conseguiron levarse os premios, e foron os seguintes:

 CATEGORÍA 1º - 2º ESO


   Daniel Vicente Ferreira

Lema:

“Do pergamiño ao dixital, pero a lingua igual”

IES CASTRO ALOBRE (Vilagarcía de Arousa)
   Clarisse Gallego Fontaine

Lema:

“Nin o lume pode con Galiza, nin o tempo con Martín Códax”
IES FERMÍN BOUZA BREY (Vilagarcía de Arousa)





CATEGORÍA 3º, 4º ESO e FP Básica

  Raquel Nine Osorio
Lema:

“Do choff ao click”
IES A BASELLA (Vilanova de Arousa)
  Elena Ferreiro Lema

Lema:

“Canta en galego. Navega en galego”
IES CASTRO ALOBRE (Vilagarcía de Arousa)



CATERORÍA: BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS

1º Mariña García Ponte

Lema:

“Co galego na memoria será máis longa a nosa historia”
IES RAMÓN CABANILLAS (Cambados)
2º Santiago Reinal Giménez
Lema:

“O galego transcende o espazo e o tempo”
IES VILALONGA


     E o noso centro, desta volta non levou nada.  Pero participamos orgullosas, na categoría de 3º - 4º da ESO e FP Básica, co seguinte debuxo de Iria Piñeiro Martínez, de 4º B.  E para nós, tamén é gañadora!!

 

xoves, 15 de febreiro de 2018

Charla Entroido

     O pasado venres día 2, viñeron a dar unha charla ao alumnado de 4º da ESO, sobre o Entroido Tradicional Galego.

     A pesar de ser unha celebración moi achegada á mocidade, a maior parte dela, descoñece as características do noso entroido tradicional.

     De man de Rafa Quintía, da SAGA, demos un paseo polos principais entroidos galegos, as súas vestimentas, a súa maneira de moverse, os ciclos que os acompañan, os rituais que hai que seguir para participar neles...

     Unha charla interesantísima e importantísima, xa que moitos destes entroidos corren risco de extinción, ou o que é incluso peor, de ser fagocitados por xente que vai a eles e xa non os respecta, porque non sabe ao que vai.

     Neste entroido, aínda tiven que escoitar, como se lle perde os respecto a figuras coma os cigarróns de Verín, unha figura soberana, que manda e rexe o entroido, e á que debe tratárselle como é debido, con respecto e humildade.  Porque non é un disfrace calquera, é un traxe, é algo que transcende a festa.



Raposos pola Paz

     Para celebrar o Día Escolar pola non Violencia e a Paz, estivemos facendo uns raposos de papiroflexia.

     Todo comezou cunha presentación sobre Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que sufriu as consecuencias da bomba atómica da II Guerra Mundial.  Ela estivo facendo grúas de papel porque, según a tradición xaponesa, se fas 1000, os deuses cumpriranche un desexo.

     Nós quixemos darlle unha volta, e facer un animal da nosa contorna: raposos.

     Así que nos puxemos mans á obra e, en distintas clases e días, fomos fabricando os raposiños: máis grandes, máis pequechos, laranxiñas, brancos...

     Aínda non chegamos aos 1000, pero seguimos facendo, xa que a esperanza, nunca se perde!

     Os nosos raposiños, piden pola paz.  Esperemos que os deuses, lles fagan caso...









venres, 2 de febreiro de 2018

Regueifeiras

     O martes 30 fomos á cidade de Compostela, a facer unha actividade cun grupo de alumnas e alumnos de 4º da ESO, no Museo do Pobo Galego.

     Unha actividade que, definitivamente, nos gustou moito!

     Fixemos un obradoiro de Regueifa!

     A Regueifa pode ser un pan, ou unha serie de versos en forma de desafío dialectal.  Aínda que non nos importaría aprender a facer pan, non foi o caso.

     Nesta ocasión, ensináronnos a facer os versos dunha regueifa, a improvisar, e todo cun verniz de xénero xa que, tal e como nos contaron as regueifeiras, ás mulleres, non se lles permitía cantar en público antes.  E non porque houbera unha prohibición explícita, senón porque aquelas que o facían, quedaban expostas publicamente, coma mulleres de mala reputación.  O que xa era dabondo para non facelo.

     O caso é que hoxe en día xa hai regueifeiras, e todo iso que nos parece que é moderno coma o rap, o hip - hop, as pelexas de galos... xa vén de vello!  E é noso!  É algo que se nos daba ben e que se facía xa non só en ocasións especiais, senón tamén de cotío.

     Aquí deixo as imaxes das nosas futuras regueifeiras.

 










    
    

Dobramos cinema en galego

As máis populares