mércores, 24 de outubro de 2018

Magosto e Samaín



 O vindeiro mércores 31 de Outubro, a partir das 12:00h terá lugar o tradicional magosto que como cada ano facemos no noso instituto. Ademais de comer castañas e divertirnos xogando á billarda e a outros xogos que estamos a preparar tamén aproveitaremos para celebrar o Samaín.
Así que se estás interesado en participar achega a túa cabaza decorada ou unha sobremesa e a ver se tes sorte nos concursos.

A continuación deixámosvos as BASES para participar no concurso de cabazas:

1. Cada alumno/a presentará unha única cabaza que irá identificada na parte inferior por medio dun papel pegado onde conste o nome completo e o curso.

2. As cabazas deberán ser naturais e poderán decorarse con calquera motivo, técnica ou material.

3. Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a inclusión de elementos naturais propios do outono etc...

4. O prazo máximo para a entrega remata o MÉRCORES 31 de outubro

5. As cabazas exporanse no vestíbulo de entrada do centro

6. Un xurado composto para a ocasión emitirá o seu veredicto que será inapelable.

7. A participación supón a aceptación destas bases.

Dobramos cinema en galego

As máis populares