Amosando publicacións coa etiqueta poemas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poemas. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de novembro de 2021

Obradoiro poético con Oriana Méndez

Oriana Méndez, a última gañadora do Premio de poesía Afundación, un dos máis prestixiosos de Galicia, visitounos o pasado 16 de Novembro para charlar de poesía co alumnado de 4º de ESO.

Esta actividade fai parte dos ENCONTROS LITERARIOS, que promove a Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura e que quere achegar aos centros de secundaria os propios autores para establecer un diálogo entre eles e os seus lectores e que poidan tamén coñecer eles como traballan o seu proceso creativo.



Oriana Méndez ao longo da súa traxectoria ten gañado os premios Premio de poesía concello de Carral no 2014 e o V certame de poesía Rosalía de Castro. É autora dos poemarios Derradeiras conversas co Capitán Kraft (2007), Cero (2011), O que precede a caída é branco (2015), O corazón pronúnciase extenso (2019) e Interna (2021). Tamén colabora en diversas obras colectivas.




 


venres, 6 de abril de 2018

Haikus

     Outra das actividades propostas dentro da Semana Cultural do centro, dende o Equipo de Dinamización, foi un obradoiro de Haikus.
     Deste xeito, queríamos celebrar tamén o día da árbore, a poesía e a auga.
     Que mellor que esta modalidade de poema xaponés, que se pon en contacto directo coa natureza, para aunar todo.  Iso si, desta volta, feitos en galego, e con paisaxes da nosa contorna, para poder enlazalo co tema da semana cultural.
     Sen máis dilación, deixo os haikus realizados polo alumnado, para que podades gozar deles.
     Sayonara!
 








venres, 2 de marzo de 2018

Día de Rosalía II

     No instituto decidimos celebrar o Día de Rosalía gravando uns vídeos co recitado de distintos poemas da nosa escritora.  Cada participante, foi agasallad@ cun libro en galego e unha rosa branca.

     Desta vez, Abrímoslle a Fiestra a Rosalía, con todo o noso corazón, adheríndonos xa de paso, á proposta da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega.


















As máis populares