xoves, 15 de febreiro de 2018

Charla Entroido

     O pasado venres día 2, viñeron a dar unha charla ao alumnado de 4º da ESO, sobre o Entroido Tradicional Galego.

     A pesar de ser unha celebración moi achegada á mocidade, a maior parte dela, descoñece as características do noso entroido tradicional.

     De man de Rafa Quintía, da SAGA, demos un paseo polos principais entroidos galegos, as súas vestimentas, a súa maneira de moverse, os ciclos que os acompañan, os rituais que hai que seguir para participar neles...

     Unha charla interesantísima e importantísima, xa que moitos destes entroidos corren risco de extinción, ou o que é incluso peor, de ser fagocitados por xente que vai a eles e xa non os respecta, porque non sabe ao que vai.

     Neste entroido, aínda tiven que escoitar, como se lle perde os respecto a figuras coma os cigarróns de Verín, unha figura soberana, que manda e rexe o entroido, e á que debe tratárselle como é debido, con respecto e humildade.  Porque non é un disfrace calquera, é un traxe, é algo que transcende a festa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dobramos cinema en galego

As máis populares