Esta semana fomos co alumnado de
3º da ESO ao teatro a Cambados.
Formando parte das actividades
para conmemorar as Letras Galegas deste ano, fomos a ver Anagnórise, a obra de
María Victoria Moreno, adaptada á escena, pola compañía Limiar Teatro.
Foi unha moi boa adaptación para a
rapazada, xa que, a través de distintos sckechs, fixeron unha aproximación á
obra, e sobre todo ao propio significado do título.
Gustou moito e, sen dúbida,
repetiríamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario