Para celebrar o Día de Rosalía o 24 de febreiro, día do nacemento de Rosalía de
Castro, muller e poeta que encarnou como
ninguén o espírito da Galiza, propómosvos a seguinte  actividade.
Tira
unha fotografía onde aparezan tanto  persoas, situacións,
paisaxes,costumes,  festas..., en definitiva calquera cousa que xire
arredor do concello de Sanxenxo inspirándote nun verso ou frase
feita pola poeta (tendo este verso relación coa imaxe).
Aínda
que podes buscar ti a frase ou os versos máis acaídos á imaxe que
os vai ilustrar, pincha aquí para ver algúns que poden servirte de
inspiración.
Lembra
 que tes ata o día 22 de febreiro para enviar o teu arquivo ao enderezo 
do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Sanxenxo: endlsanxenxo@gmail.com
PARTICIPA!!  

 
