Antigamente
dicían que o día 2 de febreiro era o día do amor:
“Pola
Candeloria casan os paxariños e maila galiñola”
Esta
data parécenos ideal para amosar os nosos sentimentos a aqueles que
máis queremos e tamén reivindicar unha data propia que se confronta
con outras conmemoracións importadas.
Por
iso queremos desde o EDL que este ano "biques en galego".
Escribe
unha carta ou unha declaración de amor
en lingua galega que
pode ir dirixida a outras persoas, á natureza ou calquera cousa
animada que nos guste tanto que sexa capaz de espertar en nós
sentimientos de amor.
-
Poderán redactarse en prosa ou en verso, a man, a máquina ou a
ordenador... e non deberán sobrepasar unha carilla de extensión.
-
Poderanse
empregar todas aquelas técnicas que se desexe, incluír debuxos,
fotos....
-
Terase
en conta o grao de elaboración, a orixinalidade, o correcto uso do
idioma e a calidade da lingua.
Todas
as cartas deberán ser inéditas e cada participante só
poderá enviar
unha
carta.
Podes
enviar os teus traballos ben en word ou escaneados a este enderezo:
endlsanxenxo@gmail.com
ou
entregarllos
á túa
profesora.
O
prazo remata o día 31 de Xaneiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario