En marzo de 1948, o gobernador xeral de Paquistán declarou o urdu única lingua oficial. O bengalí era a lingua materna do 90% da poboación de Paquistán Oriental (actual Bangladesh).
O 21 de febreiro de 1952 estudantes de Dacca convocaron unha folga para protestar por esta medida (Movemento pola lingua bengalí) e malia as manifestacións seren pacíficas, a policía paquistaní abriu fogo contra os estudantes e morreron varias persoas.
O Día
Internacional da Lingua Materna ten a súa orixe no recoñecemento
internacional do Día
do Movemento pola Lingua, que se conmemora en Bangladesh
desde 1952 e
que lembramos cada 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a
diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do
planeta.
Despois do éxito do ano pasado, quixemos repetir a experiencia de presumir de lingua e por iso orgullosos e orgullosas fotografámonos con palabras e sons que din moito de como somos, como sentimos e como estamos no MUNDO.
EN GALEGO ESTAMOS NO MUNDO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario