![]() |
O 9 de novembro celébrase cada ano o aniversario do pasamento do poeta Ramón Cabanillas e nesta ocasión aproveitando a efeméride o alumnado de 3º ESO visitou a casa do poeta cambadés tendo como guieiro ao académico da RAG Francisco Fernández Rei, que fixo un percorrido pola vida e a obra dun dos escritores máis importantes das nosas letras.
Tamén se achegaron ao xulgado de Cambados para ver de preto como se imparte a xustiza e coñecer as persoas e os procedementos dun xuízo.
Que sería do outono sen castañas? E que sería das castañas sen o magosto? O martes 31 de Outubro, véspera de Santos e do Samaín, véspera de cicloxéneses explosivas, faremos o que nunca nos cansamos de celebrar: comer as castañas, divertirnos, saber quen foron os gañadores dos concursos de sobremesas e de calacús e xogar ao pano, corda e pita cega...
E algún quixo vir disfrazado, que
a noite habería que cumprir con outras tradicións importadas que ao
tempo son tamén as propias que marcharon alén do atlántico séculos
atrás. Se é que todo A VIDA É UN CONTINUO RETORNO
Hoxe fixemos un obradoiro de Regueifa!
A Regueifa era un pan de voda ou unha serie de versos en forma de desafío que alí se cantaban...ou ambas cousas a un tempo.
Este obradoiro de regueifas, que está a percorrer os centros de ensino secundario da provincia tráenos este saber popular, que ten moito de improvisación e de enxeño.
Todo isto que nos parece que é moderno coma o rap, o hip - hop, as pelexas de galos... xa vén de vello! E é noso e tamén doutras latitudes: de bertsolaris en Euskadi, desafíos en Portugal, glosas nas illas Baleares ou curranda en Cataluña.
O mestre de cerimonia foi o gran regueifeiro Pinto de Herbón que nos ensinou a técnica para compoñer unha regueifa, a improvisar e a perder a vergoña.
Un home bo e xeneroso que tentou construír Galicia dende posicións de progreso e modernidade nunha sociedade que tardou demasiado tempo en comprender a transcendencia dun cinema propio e a necesidade de conservalo como patrimonio imprescindíbel do imaxinario dunha cultura.
O CINEMÓBIL, patentado por José Gil, levaba os seus filmes para proxectalos en 1929 por toda Galicia.
Alumnado de 3º de ESO asistimos á proxección de 3 filmes de cinema mudo. O que podería ser unha sesión cinematográfica da época. Así puidemos ver: Un día nas carreiras, con Charles Chaplin; A vertixe, con Harold Lloyd e unha Antoloxía de imaxes de películas de José Gil.
O venres 9 de xuño como é costume tivo lugar a entrega de premios aos finalistas desta edición do Certame literario IES Sanxenxo. Tamén foi o momento de facer público o nome dos e das gañadoras en cada unha das categorías.
Como xa adiantaramos, este ano a participación superou todas as nosas expectativas, aínda que non puideron participar por diferentes motivos o CEIP A Florida e o CEIP de Nantes.
O cantante Raúl, veciño do noso concello, puxo a música no acto de entrega e a concelleira de Cultura e educación Paz Lago, o libreiro Jaime Corral da librería Nós e a Presidenta da ANPA fixeron entrega dos premios.
CATEGORÍA A
FINALISTA |
COLEXIO |
POSICIÓN |
Antía Balea González |
CEIP PORTONOVO |
1º PREMIO |
Ana Cecilia Gómez Morriello |
CEIP PORTONOVO |
2º PREMIO |
Sara Alonso Iglesias |
CEIP PORTONOVO |
FINALISTA |
Blanca López Rodiño |
CEIP PORTONOVO |
FINALISTA |
Enma Martínez López |
CEIP PORTONOVO |
FINALISTA |
Adrián Martínez Rivas |
CEIP PORTONOVO |
FINALISTA |
CATEGORÍA B
FINALISTA |
COLEXIO |
POSICIÓN |
Mariña Fariña Alfonso |
IES VILALONGA |
1º PREMIO |
Lucas Carrascal Bouzada |
IES VILALONGA |
2º PREMIO |
Diana de Sousa Basdediós |
IES VILALONGA |
FINALISTA |
Xiomara Dios Solano |
IES SANXENXO |
FINALISTA |
Sofía Barragáns Pérez |
IES VILALONGA |
FINALISTA |
Nerea Varela Garrido |
IES VILALONGA |
FINALISTA |
Alba Domínguez Soutullo |
IES VILALONGA |
FINALISTA |
Diana Prieto Lores |
IES SANXENXO |
FINALISTA |
Irene Camiña Prieto |
IES SANXENXO |
FINALISTA |
Sara Vlad Viso |
IES VILALONGA |
FINALISTA |
CATEGORÍA C
FINALISTA |
COLEXIO |
POSICIÓN |
Uxía Toba Poza |
IES VILALONGA |
1º PREMIO |
Sara Rodiño Gondar |
IES SANXENXO |
2º PREMIO |
Carla Barreiro Fontenla |
IES VILALONGA |
FINALISTA |
Marta Infanzón Sabarís |
IES SANXENXO |
FINALISTA |
Alicia Valle Besada |
IES SANXENXO |
FINALISTA |
Laura Prieto Galiñanes |
IES SANXENXO |
FINALISTA |
Carlota Pampín Leiro |
IES SANXENXO |
FINALISTA |
Agatha Montes Machado |
IES VILALONGA |
FINALISTA |
Proximamente serán publicados os traballos en papel e repartiranse os exemplares entre os centros participantes. Pódese descargar a publicación e ler os traballos gañadores e finalistas clicando na imaxe que hai embaixo.
Dezasete anos non son nada ou son moitos segundo se mire. A organización do certame supón todo un reto para o noso instituto ano tras ano pois son moitos os alumnos e alumnas que se mobilizan e se achegan para demostrar o seu talento e contribuír a manter viva a creación e a escrita en lingua galega.
Os textos escollidos desta volta foron dos autores Fran Alonso e Eva Mejuto. Douscentos setenta e cinco alumnos e alumnas déronse cita e encheron o pavillón para escribir durante case dúas horas. Nesta ocasión por motivos distintos e viaxes xa programadas non estivo o alumnado do CEIP A Florida nin CEIP Nantes pero foi a máis multitudinaria edición de cantas se recordan.
O vindeiro venres 9 de xuño será a entrega de premios no auditorio Emilia Pardo Bazán e alí estarán os e as finalistas para recolleren os seus premios en cadansúa categoría.O vindeiro 19 de maio reunirémonos centos de persoas para unha nova edición do Certame literario que cada ano organizamos dende o noso centro para todos os centros educativos do concello de Sanxenxo.
Xa van dezasete edicións e este ano agárdase que sexa das de maior asistencia de todas cantas levamos feitas.
Ás 11:00 comezará coa apertura dos sobres e durante dúas horas poderán compoñer, crear e idear o seu relato ou a súa poesía. Tres categorías (3º ciclo de primaria, 1º ciclo da ESO e 2º ciclo da ESO), dez finalistas por categoría e 9 gañadores en total para esta nova edición.
A casa de Rosalía de Castro en Padrón é un lugar non só importante dende o punto de vista literario senón porque é un lugar imprescindible para entendermos a historia de Galicia dos últimos 150 anos.
Grazas ao programa que para centros escolares está a desenvolver a Deputación de Pontevedra alumnado de 2º de ESO visitou a casa da Matanza en Padrón, lugar dos últimos días da escritora galega máis universal e puideron coñecer algo máis sobre a súa vida e a súa obra. Para practicamente todos esta era a primeira vez que visitaban a casa de Rosalía.
![]() | ||||||||
Despois realizamos o roteiro rosaliano De padrón polos camiños, deseñado polo profesor e escritor Manuel Lorenzo Baleirón e que podes ver e descargar AQUÍ.
O roteiro lévanos por lugares relacionados coa escritora: o pazo do Arretén onde viviu a súa nai, a igrexa de Iria Flavia, a casa na rúa do sol de Padrón e o paseo do Espolón onde se encontra a estatua de Rosalía xunto ao río Sar.
Nós fixémolo á inversa, saíndo da casa museo de Rosalía e rematando na alameda de Padrón e foi unha experiencia moi proveitosa.Fran Alonso é un poeta e escritor de dilatada experiencia que leva moitos anos achegando a poesía aos máis novos en multitude de espazos. Ademais de cultivar infinidade de premios dentro da literatura galega ( o Branco Amor de Novela, o Losada Diéguez á mellor obra literaria do ano, o Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil ao mellor libro infantil, a distinción White Ravens ou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia) e publicar regularmente en diferentes xéneros, é un fiel coñecedor do panorama literario dado o seu labor de editor.
Durante a semana cultural veunos visitar para falar do seu poemario Street Poems libro que toma como inspiración os grafittis cos que o autor se foi atopando ao longo da súa vida, pois a maior parte deles están situados na súa propia cidade, ou en diferentes viaxes.
Esta actividade desenvolveuse grazas ao patrocinio da Dirección General del libro y para el fomento de la lectura do Ministerio de Cultura.
A EOI de Santiago de Compostela organiza dende o ano 2016 este proxecto que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía. Importantes intérpretes e grupos como António Zambujo, María do Cebreiro, Os azeitonas, Xabier Díaz, Tanxugueiras ou Ana Moura foron algúns dos gañadores de edicións anteriores.
O alumnado de 4º de ESO acudiu ao Festival de Teatro grecolatino que cada ano organiza a Sección de Estudos clásicos da Universidade de Santiago de Compostela, e que entre outras cidades se desenvolveu na vila de Tui.
Aproveitamos o desprazamento para visitar a Fortaleza de Valença e coñecermos polo miúdo a rica historia que encerra este emprazamento militar. Durante unha hora fixemos un xogo de pistas onde tiñamos que buscar información e tirarnos fotos en lugares concretos para contestar no menor tempo posible ás cuestións que se nos preguntaban. Foi un xeito lúdico e divertido para coñecermos aspectos do pasado e do presente de Valença e tamén de Portugal.
Despois atravesamos a ponte para dirixirnos a Tui e ruamos pola súa zona histórica antes de asistir á representación Miles Gloriousus de Plauto. Unha versión MOI LIBRE do clásico latino.