domingo, 5 de xaneiro de 2025


 

 GALEGO PARA ADOLESCENTES - CO ACTOR AVELINO GONZÁLEZ

O 12 de decembro visitounos o actor Avelino González, aínda coñecido pola rúa como o Miñato de Padre Casares, segundo el mesmo nos confesou. No encontro co alumnado de 4º falounos das vantaxes de sabermos galego, dando moi bos argumentos de xeito ameno. O alumnado tivo ademais ocasión de interactuar con el.

 

 









 PROXECTO GIFMenú: Que vai ser?

(Decembro de 2024)

- O Proxecto, que terá carácter transversal, comeza a súa andaina! Tres foron os primeiros establecementos de hostalería que quixeron participar:


 

 

 

- Suma e segue! O alumnado do IES convidou a participar a máis restaurantes no Proxecto GIFMenú: Que vai ser?

- A Cantina.
- Casa Zulema.
- El Aviador.
- Marlima II
- A terraza do Mercado.
- Japoburguer.
- Taberna A Queimada.

1ª FASE: Traducir as súas cartas ao galego nos casos en que aínda non se fixera.

Benvidos ao proxecto!!!







Performance do 25 N na feira de Portonovo

 PERFORMANCE DO 25 N

O alumnado do IES Sanxenxo tamén quixo sumarse á loita contra a violencia de xénero. Como? Protagonizando un flashmob polo mercado ao aire libre de Portonovo. Foi posible grazas á colaboración das/dos vendedoras/es dos postos. Vaia para elas/eles o noso agradecemento. No flashmob ademais de berrar distintos slogans, propios da data, repartiron bombóns con eles escritos; para lembrarmos que no amor a xenerosidade e o pracer NON son compatibles con NINGÚN TIPO DE VIOLENCIA.

VÍDEO:



FOTOS:




 

  

 

 


 


























 SAMAÍN II 2024   (31.10.24)

- Concurso de epitafios e meigallos en galego. Velaquí as/os premiadas/os.         

  



  

   






- Máis fotos que falan do ambiente dese día: disfraces, bailes, xogos... Mesmo as das arrepiantes sobremesas!


 






 


 








 





 OBRADOIRO DE REGUEIFAS (18-10-2024)

- O venres 18 de outubro, no primeiro Obradoiro de Regueifas, o alumnado de 2º da ESO compartiu con Pinto d'Herbón bos momentos de coplas cantadas.

 



- O 4 de novembro tivo lugar a segunda sesión do Obradoiro de Regueifas. Pinto d'Herbón louvou a capacidade do noso alumnado para rimar coplas e cantalas. Un aplauso a tanta creatividade!

   


 

 

  

















As máis populares