venres, 18 de abril de 2025

 ALUMNA PREMIADA NO CONCURSO LITERARIO DE AMNISTÍA INTERNACIONAL




SABELA RODRÍGUEZ!, de 1º C, flamante gañadora da XI Edición do Concurso Literario de Amnistía Internacional: Moitos parabéns!!! Soubemos da concesión deste premio na gala que tivo lugar o pasado 10 de abril en Vigo. Velaquí o seu fermoso haiku reivindicando
 os dereitos das mulleres afgás:


                                                     “Quero volver a ver!”

                                                Unha brétema

                                               non me quere deixar ver.

                                               Lonxe viaxarei.

O acto estivo conducido pola escritora e crítica teatral INMA LÓPEZ SILVA, gañadora de múltiples premios como o Blanco Amor, en 2008, ou o Xerais, en 2002. Realizou un revelador percorrido polos burkas das mulleres occidentais. Toda unha experiencia compartir escenario con ela!

O haiku de Sabela publicarase nun libro e será difundido a través da web e do Instagram de Amnistía Internacional.

Vaia o noso agradecemento tamén para as/os COMPAÑEIRAS/OS da ESO que tamén participaron no concurso mantendo o listón alto na canteira de escritoras/es do noso centro!


XI Edición do Concurso de Amnistía Internacional na modalidade de poema: haiku sobre as mulleres afgás, seguindo o lema: “Quero escoitar a túa voz”. A última lei do goberno talibán prohibe que se escoite a voz da muller en público, por se non abondase con que as obriguen a usar o burka, lles prohiban a educación e o traballo, viaxar soas ou mirar a persoas que non sexan da súa familia.



 ANDAINA POLA ZONA VELLA COMPOSTELÁ

O sol, e non a chuvia!, acompañaron a nosa andaina pola zona vella: dende as prazas máis coñecidas ata as rúas máis estreitas.

      


   


                                  


E como bo remate do día: POESÍA. Na Alameda, o alumnado recitou poemas en galego de Rosalía de Castro e de Federico García Lorca diante de cadansúa estatua.

  















 

VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO EN COMPOSTELA

O 1 de abril 2º da ESO viaxou ata Compostela!! Visitou o Museo do Pobo Galego. Coñecérono a través dun xogo de pistas que os levou a entrar nas distintas salas temáticas, nelas deixáronse sorprender por obxectos ben distintos: embarcacións, ferramentas, sellas para levar a auga, zocas, dengues, etc.

Tamén entraron na igrexa de San Domingos de Bonaval, onde viron o Panteón de Galegos Ilustres. Nel descansan os restos de figuras sobranceiras como Castelao, Cabanillas ou Rosalía de Castro.


           


 


 


  
















 MÁIS DISFRACES!


Máis fotos que poñen cara aos instensos momentos vividos neste Entroido 2025


                   


              


 



               




















 CONCURSO DE SOBREMESAS DE ENTROIDO


Velaquí o alumnado premiado no concurso de sobremesas. Parabéns!

A todas e todos os participantes: Grazas por facérdenos lamber os dedos!


  


  






 

CHEGA O ENTROIDO AO IES DE SANXENXO!!!

                

   

             

O patio do instituto encheuse de cor, tolemia e imaxinación. Tres ingredientes que tampouco faltaron nas sabrosísimas sobremesas, made in na casa, que o alumnado preparou. Ademais contouse coa participación da ANPA bañando a mañá de chocolate e demais material contundente, imprescindible para dalo todo.

Entregáronse premios aos mellores disfraces nas categorías de individual, por parella e en grupos. Aplausos para tanta creatividade!

 

OBRADOIRO DE CURTAMENTRAXE



O 20 de febreiro tivemos a sorte de contar coa guionista e realizadora Cristina de la Torre. Alumnado de 1º, 2º , 3º e 4º da ESO valorou os consellos traídos dende a súa longa traxectoria arredor das cámaras. Pero como non podía ser menos, pasouse á acción! E puxeron en práctica o aprendido elaborando un guión propio que logo filmaron no centro. Chegaron mesmo a ver o inicio da fase de montaxe.

Os resultados desta aventura cinéfila vímolos na Semana Cultural. Nela fixéronse curtas e tráilers centrados na obra de Jules Verne. 



 

EXPOSICIÓN DE CAIXAS SORPRESA PARA ACHEGARNOS Á LITERATURA


En febreiro/marzo o alumnado de 1º da ESO achéganos á literatura galega de forma creativa deseñando caixas sorpresa sobre os libros de lectura. Todas elas moi chulas, diferentes, atractivas para os ollos máis curiosos. Sodes quen de imaxinar a historia que se conta a partir dos obxectos que vedes?

Axudamos a resolver o enigma indicando os nomes dos libros que representan: O misterio de Portomarín, de Antía Yáñez Rodríguez; Chamádeme Simbad, de Francisco Castro; Formigas. Misión Entroido, de Pere Tobaruela; As músicas viaxeiras, de Ramón Caride, As meigas de Lupa, de María Solar; Os Megatoxos e a espada Esmeralda, de Anxo Fariña





 2º ENCONTRO CON AMNISTÍA INTERNACIONAL


O 6 de febreiro tivo lugar o segundo encontro de Amnistía Internacional coa outra metade do alumnado de 2º.







As máis populares