Alumnado de 3º de ESO achegouse ao salón teatro de Santiago de Compostela para asistir á representación de Bicos con Lingua, de Talia Teatro.
Bicos con lingua é un espectáculo en
clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás
invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua
galega.
Nace dun forte sentimento de amor cara
algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata
en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da
nosa intención, senón de afondar nun problema real e, certamente,
preocupante. Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o
espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que
existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e
abusos aos que está sometida de cotío.
Ningún comentario:
Publicar un comentario