Dende o ano 2000 celébrase cada 21 de Febreiro o día da lingua materna e este ano está adicado ás linguas indíxenas, en tanto factor de desenvolvemento, paz e reconciliación.
A lingua materna é aquela en que nenos e nenas aprenden a falar e a 
relacionarse co seu contorno máis próximo. A UNESCO quere impulsar o 
coñecemento e a práctica das linguas maternas de menos falantes tamén na
 escola, nos medios de comunicación, na internet... fóra dos ámbitos en 
que moitas delas quedan recluídas. O Día Internacional da Lingua Materna
 estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da 
función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a 
diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecemento da 
cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a 
construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación 
do patrimonio cultural.
Nós quixemos celebrar este día fotografándonos cunha palabra nosa para así darlle visibilidade ao noso idioma. Aquí tendes alguhas instantáneas...










 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario