Como cada ano, e van xa catorce, centos de alumnos e alumnas de todo o concello déronse cita no noso centro para homenaxear á nosa lingua escribindo un poema ou un relato.
Coma anos pasados, dous textos serviron de inspiración para cada unha das composicións. Nesta ocasión os escritores Tamara Andrés e Xesús Constela elixiron un anaco dalgunha obra deles.
Dúas horas concentrados e escribindo para saber se ao final serán algún dos textos elixidos deste novo certame.
Máis de 270 alumnos e alumnas pertencentes ás 3 categorías que van dende 5º de Primaria a 4º de ESO.
Moitas grazas a todos e a todas, os profesores e os centros de ensino por seguir facendo posible este certame. O 13 de xuño coñeceremos os gañadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario