Eran as 8 da tarde e máis dun cento de persoas ían acomodándose no auditorio Emilia Pardo Bazán. O motivo non era outro que coñecer os gañadores do certame literario.
Os presentadores Cecilia González e Iván Burgos fixeron de mestres de cerimonia nunha tarde onde non faltou nada.
A música estivo a cargo de Adrián Torres, cantautor pontevedrés afincado no Grove, que puxo un toque de cor e ritmo a toda a velada.
O escritor convidado Xesús Constela na súa intervención animou a todos a seguir escribindo porque se hai algo marabilloso é crear historias e mundos diferentes; pero aínda moito máis é compartilo cos demais.
Apostou porque iniciativas coma estas teñan continuidade porque son moi importantes para achegar a mocidade á literatura.
Os trinta finalistas das diferentes categorías foron subindo ao estrado para recoller o diploma e o seu agasallo particular.
Aitor Martínez recolleu o premio do concurso de logo, convocado pola ANPA, e que a partir de agora será a imaxe do noso centro. Co mar como fonte de inspiración, nel están presentes os diferentes azuis do mar e as ondas. Un fermoso deseño que gustou a todos.
Os gañadores da categoría A, para alumnado de 5º e 6º de EP foron para:
Uxío Rodríguez Gómez (1º Premio) e Alicia Valle Besada (2º Premio). Ambos do CEIP A Florida de Sanxenxo.
Mentres que para a categoría B, para alumnado de 1º e 2º de ESO, as premiadas foron:
Eva de Apellániz Álvarez (IES Vilalonga) 1º Premio
María Dono Gómez (IES Sanxenxo) 2º Premio
Os gañadores da categoría C, que correspondía a alumnado de 3º e 4º de ESO, recaeu en:
Natalia Piñeiro Oubiña (IES Sanxenxo) 1º Premio
Mario Santiso Ferreirós (IES Vilalonga) 2º Premio.
O noso máis sincero agradecemento tanto á ANPA, ao concello de Sanxenxo e especialmente ao escritor Xesús Constela e aos membros do xurado: Mar Caneda, Mª José Iglesia, Gloria Fontán, Tamara Andrés e Xosé Iglesias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario