Estreamos a primavera cunha chea de actividades pois entre o luns 21 e o venres 25 de marzo serán moitas as que fagamos tanto dentro como fóra do noso instituto.
A Semana cultural deste ano vai adicada ao mar e moitas, aínda que non todas, das actividades teñen que ver con el.
Visitaremos a illa de San Simón na ría de Vigo, o espazo da lonxa de Portonovo que acaba de ser musealizado para pór en valor o pasado e presente mariñeiro da vila, recibiremos a visita das redeiras e dun mariñeiro que viviu nas Ons e que nos vai contar como era a vida daquela na illa. Tamén haberá ocasión de facer unha xornada de paddle surf ou escoitar ao poeta Antonio García Teijeiro cos seus poemas mariñeiros.Podes ver e descargar o programa picando AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario