mércores, 22 de maio de 2024

Casa museo Rosalía de Castro

Un novo ano, e agardamos que se converta nun costume, visitamos a Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón co alumnado de 2º de ESO. A actividade foi algo máis que visitar a casa onde Rosalía pasou os seus últimos anos pois tamén recitamos poemas da autora tanto no fermoso xardín da Casa da Matanza como nas rúas de Padrón que serviron para ilustrar parte da vida da nosa poeta máis universal.






Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra


XVIII Certame literario

 

Aquela mañá de marzo, por fin, algo rompeu a súa rutinafoi a escusa que serviu de inspiración aos 216 alumnos e alumnas que se deron cita o pasado 10 de marzo no ximnasio do noso instituto para escribir historias e poesías.

Xunto coa frase de Rocío Leira, este ano madriña do certame, tamén quixemos homenaxear a Luísa Villalta e dela escollemos a frase para os que escollesen a opción de poesía: “ Ando cos pés con que me andas e eu te sigo ”. 

Este ano celebramos o 25 aniversario da creación  do noso instituto e xa son dezaoito as edicións do certame literario que está plenamente consolidado na nosa bisbarra, acudindo un total de 6 centros educativos. Sen a participación e a implicación de todos eles non poderiamos seguir homenaxeando á palabra e á literatura. 

Por iso, o único que nos resta dicir é grazas ao profesoradoo e alumnado dos centros: CEIP A Florida, CEIP de Nantes, CEIP Portonovo, Colexio Plurilingüe Abrente, IES Vilalonga e IES Sanxenxo.

O 7 de Xuño saberemos os finalistas e os gañadores das 3 categorías nunha cerimonia no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.

As máis populares