“Aquela mañá de marzo, por fin, algo rompeu a súa rutina” foi a escusa que serviu de inspiración aos 216 alumnos e alumnas que se deron cita o pasado 10 de marzo no ximnasio do noso instituto para escribir historias e poesías.
Xunto coa frase de Rocío Leira, este ano madriña do certame, tamén quixemos homenaxear a Luísa Villalta e dela escollemos a frase para os que escollesen a opción de poesía: “ Ando cos pés con que me andas e eu te sigo ”.
Este ano celebramos o 25 aniversario da creación do noso instituto e xa son dezaoito as edicións do certame literario que está plenamente consolidado na nosa bisbarra, acudindo un total de 6 centros educativos. Sen a participación e a implicación de todos eles non poderiamos seguir homenaxeando á palabra e á literatura.
Por iso, o único que nos resta dicir é grazas ao profesoradoo e alumnado dos centros: CEIP A Florida, CEIP de Nantes, CEIP Portonovo, Colexio Plurilingüe Abrente, IES Vilalonga e IES Sanxenxo.
O 7 de Xuño saberemos os finalistas e os gañadores das 3 categorías nunha cerimonia no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario