domingo, 5 de xaneiro de 2025

Performance do 25 N na feira de Portonovo

 PERFORMANCE DO 25 N

O alumnado do IES Sanxenxo tamén quixo sumarse á loita contra a violencia de xénero. Como? Protagonizando un flashmob polo mercado ao aire libre de Portonovo. Foi posible grazas á colaboración das/dos vendedoras/es dos postos. Vaia para elas/eles o noso agradecemento. No flashmob ademais de berrar distintos slogans, propios da data, repartiron bombóns con eles escritos; para lembrarmos que no amor a xenerosidade e o pracer NON son compatibles con NINGÚN TIPO DE VIOLENCIA.

VÍDEO:



FOTOS:




 

  

 

 


 


























 SAMAÍN II 2024   (31.10.24)

- Concurso de epitafios e meigallos en galego. Velaquí as/os premiadas/os.         

  



  

   






- Máis fotos que falan do ambiente dese día: disfraces, bailes, xogos... Mesmo as das arrepiantes sobremesas!


 






 


 








 





 OBRADOIRO DE REGUEIFAS (18-10-2024)

- O venres 18 de outubro, no primeiro Obradoiro de Regueifas, o alumnado de 2º da ESO compartiu con Pinto d'Herbón bos momentos de coplas cantadas.

 



- O 4 de novembro tivo lugar a segunda sesión do Obradoiro de Regueifas. Pinto d'Herbón louvou a capacidade do noso alumnado para rimar coplas e cantalas. Un aplauso a tanta creatividade!

   


 

 

  

















SAMAÍN 2024

  SAMAÍN I 2024

- Elixíronse os tres mellores carteis elaborados polo alumnado a través dunha votación.


- Pero a escolla non foi doada. Ollade as outras propostas!:

 

                                                                             
    
    

 


                        


- O ENDL decorou o centro para a ocasión. Alumnado de 4º, 1º e 2º traballou en equipo mortalmente ben. Tamén cooperou nas horas de titoría o resto do centro. E o mundo do Alén tomou o instituto...!



  
   

    












                                                                                            






                                            CURSO 2024-25 ---  1º TRIMESTRE

Arrincamos o curso cunha convocatoria de reunión para todo o alumnado interesado en formar parte do ENDL do Ies Sanxenxo.

As máis populares