CONCURSO DE SOBREMESAS DE ENTROIDO
Velaquí o alumnado premiado no concurso de sobremesas. Parabéns!
A todas e todos os participantes: Grazas por facérdenos lamber os dedos!
CHEGA O ENTROIDO AO IES DE SANXENXO!!!
Entregáronse premios aos mellores disfraces nas categorías de individual, por parella e en grupos. Aplausos para tanta creatividade!
OBRADOIRO DE CURTAMENTRAXE
O 20 de febreiro tivemos a sorte de contar coa guionista e realizadora Cristina de la Torre. Alumnado de 1º, 2º , 3º e 4º da ESO valorou os consellos traídos dende a súa longa traxectoria arredor das cámaras. Pero como non podía ser menos, pasouse á acción! E puxeron en práctica o aprendido elaborando un guión propio que logo filmaron no centro. Chegaron mesmo a ver o inicio da fase de montaxe.
Os resultados desta aventura cinéfila vímolos na Semana Cultural. Nela fixéronse curtas e tráilers centrados na obra de Jules Verne.
EXPOSICIÓN DE CAIXAS SORPRESA PARA ACHEGARNOS Á LITERATURA
En febreiro/marzo o alumnado de 1º da ESO achéganos á literatura galega de forma creativa deseñando caixas sorpresa sobre os libros de lectura. Todas elas moi chulas, diferentes, atractivas para os ollos máis curiosos. Sodes quen de imaxinar a historia que se conta a partir dos obxectos que vedes?
Axudamos a resolver o enigma indicando os nomes dos libros que representan: O misterio de Portomarín, de Antía Yáñez Rodríguez; Chamádeme Simbad, de Francisco Castro; Formigas. Misión Entroido, de Pere Tobaruela; As músicas viaxeiras, de Ramón Caride, As meigas de Lupa, de María Solar; Os Megatoxos e a espada Esmeralda, de Anxo Fariña