2º ENCONTRO CON AMNISTÍA INTERNACIONAL
O 6 de febreiro tivo lugar o segundo encontro de Amnistía Internacional coa outra metade do alumnado de 2º.
Retomamos o curso e reiniciamos as actividades do ENDL!
ENCONTRO CON AMNISTÍA INTERNACIONAL
O 30 de xaneiro tivo lugar un primeiro encontro de parte do alumnado de 2º da ESO baixo o titular “Historia dos Dereitos Humanos e de Amnistía Internacional na súa defensa”. O bo facer do relator, o profesor Ramón Soler, activista de Amnistía Internacional, axudounos a realizar un interesante percorrido pola historia, así como a coñecermos como loitar pola defensa de tantas persoas privadas dos dereitos máis básicos.
Unha actividade acorde coa celebración do Día Internacional da Paz, porque un 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado Mahatma Gandhi, líder pacifista hindú.
GALEGO PARA ADOLESCENTES - CO ACTOR AVELINO GONZÁLEZ
O 12 de decembro visitounos o actor Avelino González, aínda coñecido pola rúa como o Miñato de Padre Casares, segundo el mesmo nos confesou. No encontro co alumnado de 4º falounos das vantaxes de sabermos galego, dando moi bos argumentos de xeito ameno. O alumnado tivo ademais ocasión de interactuar con el.
PROXECTO GIFMenú: Que vai ser?
(Decembro de 2024)
- O Proxecto, que terá carácter transversal, comeza a súa andaina! Tres foron os primeiros establecementos de hostalería que quixeron participar: