O PROXECTO GIF MENÚ SEGUE A SÚA ANDAINA NO ENTROIDO
O alumnado de 2º da ESO presentou interesantes e gorentosas exposicións orais sobre a gastronomía galega típica do Entroido. A quen non se lle abre o apetito véndoas?!
ALUMNA PREMIADA NO CONCURSO LITERARIO DE AMNISTÍA INTERNACIONAL
“Quero volver a ver!”
Unha brétema
non me quere deixar ver.
Lonxe viaxarei.
O acto estivo conducido pola escritora e crítica teatral INMA LÓPEZ SILVA, gañadora de múltiples premios como o Blanco Amor, en 2008, ou o Xerais, en 2002. Realizou un revelador percorrido polos burkas das mulleres occidentais. Toda unha experiencia compartir escenario con ela!
O haiku de Sabela publicarase nun libro e será difundido a través da web e do Instagram de Amnistía Internacional.
Vaia o noso agradecemento tamén para as/os COMPAÑEIRAS/OS da ESO que tamén participaron no concurso mantendo o listón alto na canteira de escritoras/es do noso centro!
XI Edición do Concurso de Amnistía Internacional na modalidade de poema: haiku sobre as mulleres afgás, seguindo o lema: “Quero escoitar a túa voz”. A última lei do goberno talibán prohibe que se escoite a voz da muller en público, por se non abondase con que as obriguen a usar o burka, lles prohiban a educación e o traballo, viaxar soas ou mirar a persoas que non sexan da súa familia.
ANDAINA POLA ZONA VELLA COMPOSTELÁ
O sol, e non a chuvia!, acompañaron a nosa andaina pola zona vella: dende as prazas máis coñecidas ata as rúas máis estreitas.
VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO EN COMPOSTELA
O 1 de abril 2º da ESO viaxou ata Compostela!! Visitou o Museo do Pobo Galego. Coñecérono a través dun xogo de pistas que os levou a entrar nas distintas salas temáticas, nelas deixáronse sorprender por obxectos ben distintos: embarcacións, ferramentas, sellas para levar a auga, zocas, dengues, etc.
Tamén entraron na igrexa de San Domingos de Bonaval, onde viron o Panteón de Galegos Ilustres. Nel descansan os restos de figuras sobranceiras como Castelao, Cabanillas ou Rosalía de Castro.