sábado, 14 de xuño de 2025

 

UN CONVIDADO MOI ESPECIAL NA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS

RAMÓN CARIDE foi o escritor que apadriñou o evento. Unha atractiva traxectoria literaria o avala. Todo un luxo compartir con el verbas e lecturas! 

Será o autor que asine o limiar que precederá os textos premiados cando sexan publicados en papel.

Logo do remate do evento tivo vagar para dedicar os seus libros e compartir impresións con quen se achegou a saudalo. 

    





















HOMENAXE NA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS ÁS CANTAREIRAS


Tivemos a sorte de contar coa mellor banda sonora: o grupo de música tradicional SOALLEIRA! Nesta ocasión representada polas voces, pandeiretas e o pandeiro de alumnos/alumnas do centro.

O acto foi conducido por dúas presentadoras de excepción, de 4º da ESO.





                                     

 






venres, 13 de xuño de 2025


GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO XIX CERTAME LITERARIO





O 4 de xuño subiron ao escenario do Auditorio Emilia Pardo Bazán as/os gañadores/as das tres categorías: A (5º e 6º de primaria), B (1º e 2º da ESO) e C (3º e 4º da ESO), por orde inversa. Aplaudimos a súa creatividade dende aquí! Moitos parabéns!

                             
 
         



   
                         




   









                    











 

 XIX CERTAME LITERARIO DO IES SANXENXO


                          

Na víspera do DíA das LETRAS GALEGAS tivo lugar o XIX CERTAME LITERARIO do IES Sanxenxo. Unha cita, xa consolidada, coa canteira de escritoras/es da contorna. Alumnado do noso centro, e tamén de secundaria e primaria do concello, escribiron relatos e poemas a partir dunha cita de Ramón Caride.


                       

FOLIADA final!!!

E que mellor colofón para o certame que a actuación das cantareiras de ABIÑADOIRA!

Malia a súa apretada axenda esa mañá reserváronnos unhas pezas poderosas. Coa forza e a beleza das súas voces chegou a foliada!: alumnado e profesorado divertiuse bailando sen facer caso do sol. Celebramos por todo o alto o gran día das nosas letras.

Vaia un aturuxo en honor das cantareiras!


 OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA


             


O 8 de maio vivimos un momento inesquecible co colectivo Polo Correo do Vento. O alumnado de 1º coñeceu máis de preto as cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas da mellor maneira posible: escoitando unha boa historia, cantando e debuxando! Que mellor! Diso se encargaron o escritor Enrique Mauricio, o músico Marcelo e o debuxante Carlos Taboada.

Ademais agasallaron a biblioteca con dous dos seus libros: Cantareiras e Luís Seoane, ámbolos dous dedicados por eles.

Ata nos regalaron unha cantiga:

Ó entrar en Portonovo

o primeiro que se ve

son as fiestras abertas

e as camas sen facer” LARA LARA LARA LARA LELO... :)

    






As máis populares