A riqueza de entroidos tradicionais existente en Galicia é moi importante, sobre todo na provincia de Ourense. Ademais dos Peliqueiros, os Cigarróns ou os Boteiros hai outras moitas manifestacións do entroido ao largo da nosa xeografía.
O rei de Covelo, o oso de Salcedo, as Bonitas de Sande, o Labardeiro de Mugares, o Vergalleiro de Sarreaus e moitos máis son un exemplo desta riqueza cultural e etnográfica e que se estende polos concellos de O Bolo, Bande, A Mezquita, Toén ou Pobra de Brollón entre outros.
Queremos compartir o traballo feito polo alumnado do CPI do Toural en Vilaboa, lugar ademais cunha importante tradición de entroido, que acabou por ser unha interesante exposición.
Nel poderás decubrir e coñecer os aspectos máis relevantes de cada unha destas manifestacións culturais: vestiario, orixe, tradición, danzas e algunhas curiosidades...
Podes descargar os pdf nas seguintes ligazóns e tamén un cuestionario para traballalos co alumnado