O pasado xoves  alumnos de 3º ESO e 4º de ESO participaron no obradoiro desenvolvido polo Colexio de Xornalistas en colaboración coa Obra Social "La Caixa" co nome Xornalismo na escola e que xa vai pola 4ª edición.
Diferentes profesionais  
impartirán estas  xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º 
da ESO en Institutos de Ensino Secundario de toda a xeografía galega.
Un total de 90 obradoiros que teñen como  obxectivo 
introducir ao alumnado no mundo dos medios 
de comunicación, cada vez máis importante hoxe en día.
O alumnado tivo a oportunidade de entender o  funcionamento
dos medios de comunicación e coñecer o seu papel na sociedade,
aprendendo a diferenciar entre as noticias reais e "fake news", contrastar
informacións e fomentar o espírito crítico. 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario