Un
dos libros con máis pegada dentro do panorama editorial galego, Made in Galiza, segue a ter percorrido e segue a estar de vixente
actualidade. Nesta ocasión foi a compañía teatral  Os Quinquilláns quen se atreveu a levalo ás taboas. Desta maneira  adaptaron algunha
das historias presentes nesta obra que na actualidade vai xa pola 12ª
edición e segue a ser lectura obrigada en moitos centros de ensino
da nosa xeografía.
Un
libro de historias orixinais que teñen como fío condutor  a
palabra, o idioma e que fai que reflexionemos sobre a nosa
identidade. 
Na
obra, dous  membros da LP (Language Planning) acaban de chegar a
terras galegas coa finalidade de acabar co conflito lingüístico e
tentando impoñer as súas teses.
A
pesar do traballo feito pola LP e da súa determinación por acabar
co problema, as dificultades medran día a día.
Os
Quinquilláns  botan man do humor e da retranca. Unha sucesión de
escenas que a pesar da súa comicidade fan que reflexionemos sobre  a
 nosa realidade e que nos cuestiona como podemos mudala.
Alumnado de 2º de ESO, logo de ler a obra, asistiu á representación que tivo lugar en Cambados e aproveitou para ruar pola vila do albariño e tamén visitou a casa natal de Ramón Cabanillas.





 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario