Alumnos
de 4º ESO percorreron as rúas da parte histórica de Pontevedra e imaxinaron aqueles anos en que Castelao viviu na cidade do Lérez e onde desenvolveu unha intensa actividade cultural, artística e política.
Foi un paseo pola cidade medieval e polas rúas que conservan os nomes dos oficios de antano como: toneleiros, picheleiros. Polas prazas onde se vendían as sementes, as verduras ou as aves de curral (Da Herba, da Alfóndiga, da Verdura ou da Leña)-
Parada obrigada foi visitar o Museo de Pontevedra e unha remodelada sala que alberga a obra pictórica máis importante do autor rianxeiro.
“Meu
estimado compatriota,
Non
teño ningún documento, nin tan siquera unha partida de nascimento
para acreditar a miña calidade de pontevedrés; pero se non fun
consultado antes de nascer, sábese ben que des-pois de ter nascido
escollín a Pontevedra para vivir e morrer, e se tal programa non
chega a complirse non será certamente por culpa miña. Non son,
pois, un pontevedrés de partida de nascimento, que ás veces esto é
entrar pola porta falsa; eu son pontevedrés pola miña propia
vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra.”
Castelao, 31
de marzo de 1947
Para saber máis sobre o roteiro pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario