Cento oitenta alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO dos 3 centros de ensino de secundaria do municipio déronse cita para apoiar aos compañeiros que os representaban e que subiron ao escenario para amosar todo o aprendido nas dúas sesións formativas previas desenvolvidas polos regueifeiros Lupe Gómez e Josinho de Tareixa.
O obxectivo cando ideamos este certame era que os xóvenes empregasen a lingua propia de xeito natural e a vinculasen a actividades lúdicas mellorando a súa expresión oral.
Tamén queriamos achegarlle a regueifa, unha tradición de carácter popular moi estendida no seu día e que hoxe diferentes persoas e asociacións traballan pola súa recuperación.
Non podemos máis que agradecer tanto aos responsables dos centros, ao concello de Sanxenxo, á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á ANPA do IES Sanxenxo a axuda e colaboración para levar a bo termo esta actividade.
E por suposto, felicitar ao alumnado que amosou respecto polos compañeiros, enxeño, ganas de divertirse e de aprender e que mostrou con orgullo as súas habilidades improvisatorias e deu ánimos a todos nunha festa para a cultura e para a lingua galega.
Moitos medios fixéronse eco da noticia e foi moita a repercusión. Aquí deixamos algunhas ligazóns:
Ningún comentario:
Publicar un comentario