Antigamente
a regueifa era un pan ou unha rosca que se regalaba nas vodas entre
os convidados e que repartía aquel máis enxeñoso na arte da
improvisación.
Co
obxectivo que os xóvenes empreguen a lingua propia de xeito natural
e a vinculen a actividades lúdicas mellorando a súa expresión oral
estanse a desenvolver nos diferentes institutos de secundaria do
concello un obradoiro de regueifas onde a axilidade mental, o ritmo e
o enxeño son elementos primordiais para a composición destas
coplas. Unha tradición presente en moitos lugares do mundo e que
vinculan ao ser humano coas súas raíces e coa palabra, elemento
indispensable para crear historias.
Lupe
Gómez e Josinho de Tareixa son os encargados de guiar ao alumnado
nesta arte da improvisación
Dúas
sesións servirán para preparar a alumnos e alumnas de 2º de ESO
para o certame intercentros que terá lugar o 11 de abril no
Auditorio Emilia Pardo Bazán e que conta coa colaboración da
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario