Dende hai case 10 anos o Parlamento de Galicia sae da rúa do Hórreo para achegar á sociedade e principalmente aos estudantes o labor da institución, ensinarlles como funciona e acabar con mitos moi estendidos que contribúen á desafección da política na actualidade.
O pasado xoves, tres ex-parlamentarios da cámara autonómica visitáronnos e charlaron co alumnado de 4º de ESO, contestando a moitas preguntas que ían tanto da actualidade como dúbidas relativas ao traballo dos parlamentarios e á súa experiencia política.
Paula Janza, Salomé Álvarez e Xulio Pardellas con ideas distintas pero con moita sintonía persoal foron os protagonistas deste encontro.
Podes ver a noticia saída en prensa na seguinte ligazón
Ningún comentario:
Publicar un comentario