Chegou
o outono e con el o magosto. Será o vindeiro mércores 30 de Outubro. Ese día saberemos quen
son os gañadores dos concursos de sobremesas e de calacús.
Podes consultar as bases na seguinte ligazón:Concurso de doces de outono e calacús
Como é costume, ademais de comer as castañas, participamos en diferentes xogos populares como o pano ou tirar da corda. Pero ademais, estoupamos globos con ourizos, xogamos a encestar castañas ou a comer o iogur cos ollos pechados.
Aínda que o tempo non foi o que nos gustaría, iso non impediu que desfrutásemos un ano máis dunha festa tan nosa como auténtica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario