Chegamos a tempo e xa anda
polos corredores o número 19 da revista Aquelar.
A pesar das circunstancias, quixemos que un novo número
da revista saíse á luz para así dar conta de todo canto vivimos neste inesquecible curso 2019-20.
Moitas grazas a todos os que participastes cos vosos traballos e na edición e maquetación.
Aquí
vola deixamos. Non tes máis que picar na imaxe para acceder a
ela.
En marzo
de 1948, o
gobernador
xeral de Paquistán
declarou
o urdu
única lingua oficial. Obengalí
era
a lingua
materna do 90% da poboación
de Paquistán Oriental (actual
Bangladesh).
O
21
de febreiro de 1952 estudantes deDacca
convocaron unha folga para
protestar por esta medida (Movemento pola lingua bengalí) e
malia as manifestacións seren pacíficas, a policía paquistaní
abriu fogo contra os estudantes e morreron varias persoas.
O Día
Internacional da Lingua Materna ten a súa orixe no recoñecemento
internacional do Día
do Movemento pola Lingua, que se conmemora en Bangladesh
desde 1952 e
que lembramos cada 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a
diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do
planeta.
Despois do éxito do ano pasado, quixemos repetir a experiencia de presumir de lingua e por iso orgullosos e orgullosas fotografámonos con palabras e sons que din moito de como somos, como sentimos e como estamos no MUNDO.
O entroido chegou e foise, como sempre demasiado rápido. Pero aínda así tivemos tempo de disfrazarnos e de pasalo ben. Preparamos os disfraces, doces e coreografías.
Non había premios para todos pero iso era o de menos. A ANPA preparounos un chocolate quentiño con rosca, que co frío que había veunos que nin pintado e a imaxinación fixo o resto.
Agora só toca agardar ao vindeiro ano para volver a buscar algún retal e algunha prenda vella que nos sirva e senón sempre podemos ir de choqueiros!!!
Pasados os días de festa houbo que cumprir co acordado e fixemos a entrega dos premios para os gañadores nas diferentes categorías como foron: sobremesas, disfraces indiividuais, parellas e comparsas. Os nosos parabéns a todos e a todas.
Chegou o día para coñecer aos gañadores do concurso de cartas de amor pola Candeloria e recibir os agasallos que preparamos dende o EDL.
Moitos parabéns non só aos gañadores senón tamén a todos os participantes que foron moi numerosos e amosaron traballos de moita cualidade e sentimento.
No 1º ciclo os traballos premiados foron para:
1º Diego Camiña de 2ºB "Querida cama"
2º Carmen Berreco de 2º A "Universo de amor"
3º Camilo Besada de 2º C "Os paxaros marchan"
3º David Ruano de 1º B "Mamá"
Mención Carolina Bea de 2º C "Día da amizade"
No 2º ciclo a participación foi moi baixa aínda que os escritos presentados foron todos de moitísima cualidade. Nesta etapa os premios foron para: