SAMAÍN I 2024
- Elixíronse os tres mellores carteis elaborados polo alumnado a través dunha votación.
SAMAÍN I 2024
- Elixíronse os tres mellores carteis elaborados polo alumnado a través dunha votación.
Como é habitual o auditorio Emilia Pardo Bazán foi o lugar escollido para facer a entrega dos premios dunha nova edición do noso certame literario IES Sanxenxo, que xa acaba de cumprir a súa maioría de idade.
Centos de persoas déronse cita para descubrir finalmente os gañadores desta edición nas tres categorías e Daniel Daporta, antigo alumno do noso centro, e baixo nome de Maiko Leinad puxo a banda sonora do acto.
A continuación podedes ler a relación dos finalistas e gañadores e gañadoras das diferentes categorías e proximamente nesta mesma páxina poderedes descargar o libro coas composicións de cada un deles.
CATEGORÍA A
FINALISTA |
CENTRO |
POSICIÓN |
Dana Aspres Viñas |
CEIP A Florida |
1º Premio |
Emma Martínez López |
CEIP Portonovo |
2º Premio |
Lucía Cacabelos Blanco |
CEIP A Florida |
Finalista |
Clara Sanmartín |
CEIP A Florida |
Finalista |
Amaro Castro González |
CEIP Portonovo |
Finalista |
Emma Cal Aspres |
CEIP A Florida |
Finalista |
Raquel Comesaña Torres |
CEIP Portonovo |
Finalista |
Uxía Sueiro Filgueiras |
CEIP A Florida |
Finalista |
Nagore Fernández Castro |
CEIP Portonovo |
Finalista |
Carla Muñiz García |
CEIP Portonovo |
Finalista |
CATEGORÍA B
FINALISTA |
CENTRO |
POSICIÓN |
Olivia Julia Katscher Vidal |
IES SANXENXO |
1º Premio |
Sara Salomón Mourín |
IES VILALONGA |
2º Premio |
Ana Cecilia Gómez Morriello |
IES SANXENXO |
Finalista |
Sara Prieto Piñeiro |
IES VILALONGA |
Finalista |
Roi Prado Quiñones |
IES VILALONGA |
Finalista |
Blanca García Casal |
IES SANXENXO |
Finalista |
Hugo Montes Piñeiro |
IES VILALONGA |
Finalista |
Gael Roch Czarnecki González |
IES VILALONGA |
Finalista |
Uxía Míguez Barbeito |
IES VILALONGA |
Finalista |
Mateo Míguez Montes |
IES VILALONGA |
Finalista |
CATEGORÍA C
FINALISTA |
CENTRO |
POSICIÓN |
Sara Otero Meis |
IES VILALONGA |
1º Premio |
Manuel Piñón García |
IES VILALONGA |
2º Premio |
Alicia Valle Besada |
IES SANXENXO |
Finalista |
Susana Rea Poza |
IES VILALONGA |
Finalista |
Irene Camiña Prieto |
IES SANXENXO |
Finalista |
Miguel Álvarez González |
IES VILALONGA |
Finalista |
Gael Barros Otero |
IES VILALONGA |
Finalista |
Roi García Ramallo |
IES SANXENXO |
Finalista |
Ignacio Carballa Maza |
IES VILALONGA |
Finalista |
Marta Torres Domínguez |
IES SANXENXO |
Finalista |
Se picas na imaxe poderás descargar o libro cos textos gañadores e cos finalistas desta edición.
Un novo ano, e agardamos que se converta nun costume, visitamos a Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón co alumnado de 2º de ESO. A actividade foi algo máis que visitar a casa onde Rosalía pasou os seus últimos anos pois tamén recitamos poemas da autora tanto no fermoso xardín da Casa da Matanza como nas rúas de Padrón que serviron para ilustrar parte da vida da nosa poeta máis universal.
“Aquela mañá de marzo, por fin, algo rompeu a súa rutina” foi a escusa que serviu de inspiración aos 216 alumnos e alumnas que se deron cita o pasado 10 de marzo no ximnasio do noso instituto para escribir historias e poesías.
Xunto coa frase de Rocío Leira, este ano madriña do certame, tamén quixemos homenaxear a Luísa Villalta e dela escollemos a frase para os que escollesen a opción de poesía: “ Ando cos pés con que me andas e eu te sigo ”.
Este ano celebramos o 25 aniversario da creación do noso instituto e xa son dezaoito as edicións do certame literario que está plenamente consolidado na nosa bisbarra, acudindo un total de 6 centros educativos. Sen a participación e a implicación de todos eles non poderiamos seguir homenaxeando á palabra e á literatura.
Por iso, o único que nos resta dicir é grazas ao profesoradoo e alumnado dos centros: CEIP A Florida, CEIP de Nantes, CEIP Portonovo, Colexio Plurilingüe Abrente, IES Vilalonga e IES Sanxenxo.
O 7 de Xuño saberemos os finalistas e os gañadores das 3 categorías nunha cerimonia no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.