luns, 28 de xaneiro de 2019

Imaxina Rosalía en Sanxenxo

Para celebrar o Día de Rosalía o 24 de febreiro, día do nacemento de Rosalía de Castro, muller e poeta que encarnou como ninguén o espírito da Galiza, propómosvos a seguinte actividade.
Tira unha fotografía onde aparezan tanto persoas, situacións, paisaxes,costumes, festas..., en definitiva calquera cousa que xire arredor do concello de Sanxenxo inspirándote nun verso ou frase feita pola poeta (tendo este verso relación coa imaxe).
Aínda que podes buscar ti a frase ou os versos máis acaídos á imaxe que os vai ilustrar, pincha aquí para ver algúns que poden servirte de inspiración.
Lembra que tes ata o día 22 de febreiro para enviar o teu arquivo ao enderezo do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Sanxenxo: endlsanxenxo@gmail.com

PARTICIPA!! 

xoves, 29 de novembro de 2018

Visita Faro de Vigo e Meirande


Alumnado de 1º de ESO foi de visita ás instalacións de Faro de Vigo para ver de primeira man o xeito de facer un xornal dende o inicio. Aproveitando a proximidade achegáronse ao museo Meirande, xunto á ría de Vigo.
Este museo explica monograficamente como foi a batalla que hai 300 anos sepultou no fondo da ría ducias de galeóns...cargados de ouro?
 





 

mércores, 28 de novembro de 2018

25 de Novembro. Si é si. Non é Non

Gustaríanos non ter que lembrarnos desta data cada ano pero lamentablemente os centos de mulleres que incrementan as estadísticas do maltrato fai que máis que nunca sexa preciso dende as escolas e outras institucións loitar contra a violencia e contribuír a visibilizar as consecuencias e unha realidade que segue a existir.




Un ano máis convocamos o concurso Chíos contra a violencia de xénero e van xa tres anos. Nesta ocasión as gañadoras e gañador foron:

María Dono (1º A) co chío: "Unha lágrima é máis do que parece. DI NON! Merece a pena

David Daporta (4ºA) co chío: As feridas que me deixas non son efémeras.

Carolina Bea (1º C) co chío: A violencia aféctanos a todos 

Recollendo os premios
Ademais, alumnado de Artes Escénicas gravou un pequeno vídeo a partir do texto "A muller sen medo" de Eduardo Galeano que aquí vos deixamos.



mércores, 7 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018

Aqué vos deixamos algunhas instantáneas da festa do Magosto que fixemos no noso instituto para celebrar a chegada do outono. 
Moitas grazas a todas as persoas que participastes nos concursos de ladaíñas, cabazas e sobremesas. E castañas, máis que houbera!!!!








mércores, 24 de outubro de 2018

Magosto e Samaín



 O vindeiro mércores 31 de Outubro, a partir das 12:00h terá lugar o tradicional magosto que como cada ano facemos no noso instituto. Ademais de comer castañas e divertirnos xogando á billarda e a outros xogos que estamos a preparar tamén aproveitaremos para celebrar o Samaín.
Así que se estás interesado en participar achega a túa cabaza decorada ou unha sobremesa e a ver se tes sorte nos concursos.

A continuación deixámosvos as BASES para participar no concurso de cabazas:

1. Cada alumno/a presentará unha única cabaza que irá identificada na parte inferior por medio dun papel pegado onde conste o nome completo e o curso.

2. As cabazas deberán ser naturais e poderán decorarse con calquera motivo, técnica ou material.

3. Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a inclusión de elementos naturais propios do outono etc...

4. O prazo máximo para a entrega remata o MÉRCORES 31 de outubro

5. As cabazas exporanse no vestíbulo de entrada do centro

6. Un xurado composto para a ocasión emitirá o seu veredicto que será inapelable.

7. A participación supón a aceptación destas bases.

As máis populares