Un novo ano, e agardamos que se converta nun costume, visitamos a Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón co alumnado de 2º de ESO. A actividade foi algo máis que visitar a casa onde Rosalía pasou os seus últimos anos pois tamén recitamos poemas da autora tanto no fermoso xardín da Casa da Matanza como nas rúas de Padrón que serviron para ilustrar parte da vida da nosa poeta máis universal.
Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra
“Aquela
mañá de marzo, por fin, algo rompeu a súa rutina” foi a escusa que serviu de inspiración aos 216 alumnos e alumnas que se deron cita o pasado 10 de marzo no ximnasio do noso instituto para escribir historias e poesías.
Xunto coa frase de Rocío Leira, este ano madriña do certame, tamén
quixemos homenaxear a Luísa Villalta e dela escollemos a frase para os
que escollesen a opción de poesía: “ Ando
cos pés con que me andas e eu te sigo ”.
Este ano
celebramos o 25 aniversario da creación do noso instituto e xa son
dezaoito as edicións do certame literario que está plenamente
consolidado na nosa bisbarra, acudindo un total de 6 centros educativos.
Sen a participación e a implicación de todos eles non poderiamos seguir
homenaxeando á palabra e á literatura.
Por iso, o único que nos resta dicir é grazas ao profesoradoo e alumnado dos centros: CEIP A Florida, CEIP de Nantes, CEIP Portonovo, Colexio Plurilingüe Abrente, IES Vilalonga e IES Sanxenxo.
O 7 de Xuño saberemos os finalistas e os gañadores das 3 categorías nunha cerimonia no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.
Este curso celebramos o 25 aniversario do IES Sanxenxo e durante a Semana Cultural fixemos moitas actividades co fío común do cinema.
Performances, trailers, actividades plásticas, entrega de premios... foron moitas as cousas que realizamos ao longo de cinco días moi intensos e moi creativos.
Dende o Departamento de Lingua Galega, xunto con Dinamización, fixemos un obradoiro de dobraxe e así cada grupo, que tiña asignado un filme para traballar sobre el, seleccionou un fragmento da película para poñerlle voz e dobrar ao galego aos seus protagonistas.
Aquí vos deixamos unha mostra dos tres finalistas, simplemente pica na imaxe.
O roteiro Castelao é unha oportunidade para coñecermos a fermosa cidade de Pontevedra e tamén a importancia capital que ten a figura de Castelao para a nosa cultura e para a nosa conformación como pobo.
Esta son só algunhas das razóns polas que cada ano o alumnado de 4º de ESO visita a cidade do Lérez para descubrir a xenialidade do noso máis ilustre escritor, pintor, humanista, político e pensador.
Pasear por Pontevedra, visitar a Sala Castelao no Museo onde se expoñen algunhas das súas pezas máis sobranceiras, as estampas, o álbum Nós, as pinturas que anos atrás colgaban das paredes do Balneario de Mondariz é unha oportunidade que temos a obriga de aproveitar.
O día non nos axudou e a chuvia fixo que non puidésemos facer a totalidade do percorrido e tal vez poida servirnos de escusa para nun futuro volver a camiñar a cidade e encontrarlle o redescubrir aquela vila medieval chea de artesáns onde o comercio e as xentes bulían polas rúas e as prazas, historia viva de Galicia.
Convócase un ano máis a décimo oitava edición do Certame literario do IES Sanxenxo que nesta ocasión se celebrará o día 10 de maio de 2024. Este concurso, de fonda tradición no noso centro serve para abrir as portas a todos os estudantes do noso municipio dende 5º de EP ata 4º de ESO e que teñan inquietudes literarias.
Ademais ten a particularidade que todos e todas as participantes escriben ao mesmo tempo e a partir dunha frase común, habendo 3 categorías diferenciadas e dúas modalidades: narrativa e poesía.
Se picas na imaxe poderás acceder ás BASES que rexen o certame.