O pasado martes, achegouse ao noso centro o músico e escritor Xurxo Souto para falarnos da música galega durante os primeiros anos da posguerra e dalgunhas atrocidades que se cometeron naquel tempo.
Como
el dixo na súa intervención, o obxecto
do obradoiro é
tomarmos conciencia da situación: como
o imaxinario que impuxo a ditadura segue funcionar e definir en parte
o noso presente e,
sobre todo, a descuberta dese esplendor musical que, como sociedade,
nos roubaron.
Con esta premisa, presentou algúns deses proxectos musicais destruídos tras do golpe de Estado de 1936 e reivindicar a noticia, e a dignidade, das e dos artistas que sufriron a represión (algúns mesmo perderon a vida) neses días de barbarie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario