Despedimos a semana cultural cunha viaxe pendente. Berce de poetas, mosteiro, lazareto, cárcere, hospicio...iso é San Simón, unha pequena illa cravada no fondo da ría de Vigo, tan modesta como enorme é a historia que atesoura.
Mentres percorremos os seus camiños, as pontes e paseos descubrimos a
importancia cando no pasado era o lugar onde recalaban os barcos e
pasaban corentenas. Coñecemos os anos que foi cárcere, un dos lugares
máis sinistros da Guerra Civil en Galicia.
Contáronnos historias e lendas como o por que o seu patrón está sen mans ou a do dragón que capturaba doncelas e foi vencido polos mozos redondeláns.
Un día apaixonante cheo de descubrimentos e de historias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario